Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición     Ler capítulos    

05-11-2012
Galaxia no Festigal

Fina Casalderrey, Aid, Teresa Moure e Neira Vilas nunha das grandes citas culturais do ano

Un ano máis, este 24 e 25 de xullo, no Campus Sur de Compostela, celebrarase unha das grandes citas culturais do ano. O Festigal chega, coma sempre, cheo de propostas relacionadas coa cultura, ben sexa o cinema, a música, a literatura ou a artesanía.
A nosa editorial terá unha presenza, como fai todos os anos dende que deu comezo o Festigal.
De seguido, deixámosvos a programación completa de actos que desenvolverá a Editorial Galaxia:

Martes 24 de xullo, no Café Concerto

- Ás 17:00 h, proxección da película DÚAS LETRAS, de Eloy Varela e Fina Casalderrey.

- Ás 22:00 h, concerto de presentación do libro-disco RAPOEMAS, de Aid.

Mércores 25 de xullo, na Galería das Letras

- Ás 17:40 h, presentación de QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO, de Teresa Moure. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011.
Participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e a autora.

- Ás 19:00 h, presentación da novela ESPERANDO O LEITEIRO, de Xosé Neira Vilas.
Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e o autor.
Xosé Ramón Fandiño lerá algúns fragmentos do libro.

« Volver

ver máis



Autores relacionados:
Casalderrey, Fina
Neira Vilas, Xosé
Moure, Teresa
, Aid

Libros relacionados:
Dúas letras
Rapoemas
Esperando o leiteiro
Queer-emos un mundo novo
EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal