Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Novidades     Noticias     Premios     Críticas    
Subscrición     Ler capítulos    
3 premios dispoñibles
Premios

 /imxd/noticias/imx/1227794918120_anos_ciclismo.jpg Premio para "120 anos de ciclismo galego"

A Federación Galega de Prensa Deportiva concedeu o Premio Galicia de Xornalismo Deportivo, na modalidade de traballo escrito, a este libro do xornalista e escritor Xerardo González Martín.

Trátase da primeira obra dedicada á historia do velocipedismo galego, con especial referencia os tempos anteriores a Delio Rodríguez e os seus irmáns. O seu autor, Xerardo González Martín, xa tiña publicado 11 libros de historia de Vigo, un deles dedicado as orixes do automóbil na provincia de Pontevedra, que mereceu no seu día o premio histórico da Fundación RACE.

O libro 120 anos de ciclismo galego constituiu a base para que Merlín Comunicación montara unha exposición na que, en medio centenar de paneis, se ofrece unha amplia panorámica da evolución do ciclismo galego. Esta mostra, co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, visitou xa máis de vinte localidades e agardamos continúe o seu percorrido.


 
 /imxd/noticias/imx/1215605002murado-borrazas.jpg Premios da Crítica para Murado e Borrazás

O soño da febre e Arte e parte, editados por Galaxia, obtiveron os Premios da Crítica de Galicia de creación literaria e ensaio respectivamente.

Non hai dous sen tres. Despois do premio da AELG e o Losada Diéguez, o libro de relatos O soño da febre do xornalista e escritor Miguel Anxo Murado obtén este recoñecemento, segundo o fallo do xurado, polo seu "universalismo vivenciado, a integración dos relatos cortos e a eficacia dun recurso onírico que non rompe cos espazos coñecidos".

Xurxo Borrazás recibiu o premio na categoría de ensaio e pensamento pola obra Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida pola "profundidade do autor, a súa madurez intelectual e os seus orixinais enfoques.
 
 /imxd/noticias/imx/1215604827Montaxe_baleas.jpg Outro premio para Anxos Sumai

A súa primeira novela Así nacen as baleas gañou a XIV edición do premio San Clemente en lingua galega, concedido por alumnos de bacharelato de cinco institutos galegos. Con esta súa estrea na novela xa obtivera o Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, que lle valeu a publicación do orixinal por parte de Editorial Galaxia, e foi galardonada co premio á Autora do Ano 2007 nos Premios da Edición convocados pola AGE.
 
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
Na última edición do Premio Ramón Piñeiro, a undécima, foi galardoado o ensaio de Teresa Moure, Queer-emos un mundo novo.

Premio de Novela Manuel García Barros
O gañador da edición de 2010 do premio Manuel García Barros foi Antón Lopo co seu libro Obediencia.

Premio Blanco Amor de Novela Longa
Iván García Campos, co libro O imposible de desatar, foi o gañador do Premio Blanco Amor 2010.

Premio de Narrativa Breve Repsol
Na IV edición foi galardonado o libro Os fíos, de Xurxo Sierra Veloso.

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal