Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade


O AUTOR DESTACADO
Teresa Moure
Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

No ano 2004 a escritora gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que convoca e edita Galaxia xunto con Unión Fenosa polo ensaio Outro idioma é posible. Tamén con Galaxia e no ano 2005 publica o ensaio As palabras das fillas de Eva. En 2011 obtivo de novo o Premio Ramón Piñeiro co ensaio Queer-emos un mundo novo.

No 2006 a Federación de Libreiros de Galicia outorgalle o premio de "mellor autora do ano".
Galaxia de autores

No catálogo de Galaxia figuran os autores e autoras máis significativos das letras galegas: Ramón Otero Pedrayo, Manuel Antonio, Alfonso R. Castelao, Vicente Risco, Ánxel Fole, Florentino López Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego… Autores clásicos e autores modernos, pertencentes ás sucesivas xeracións que se incorporaron ao cultivo do idioma durante estas décadas: Celso Emilio Ferreiro, Luís Seoane, Rafael Dieste, Celestino Fernández de la Vega, Domingo García-Sabell, Marino Dónega, Ricardo Carballo Calero, Neira Vilas, Salvador García-Bodaño, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán, Xohana Torres, Xosé Luis Franco Grande, Xosé Manuel Beiras, Xesús Alonso Montero, Marina Mayoral, Andrés Torres Queiruga, Carlos Casares… A carón deles, Alfredo Conde, Paco Martín, Xavier Alcalá, María Vitoria Moreno, Anxo A. Rei Ballesteros, Alfonso Pexegueiro, Vítor Vaqueiro, Bieito Iglesias, Alberto Avendaño, Manuel Rivas, Antón Riveiro Coello, Miguel Anxo Murado, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Xerardo Quintiá, Xabier López López, Xosé Carlos Caneiro, Xurxo Borrazás…

Índice alfabético

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y
 
EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal