Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Xosé Antonio Neira Cruz

Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán.

Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques con 'O punto da escarola', e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC.

Obras de Xosé Antonio Neira Cruz no catálogo:
- Eu son adoptada ISBN: 978-84-8288-718-0
- O debut de Martino Porconi ISBN: 978-84-9865-139-3
- O prodixio dos zapatos de cristal ISBN: 978-84-9865-141-6
- Un bico de amor e vida ISBN: 978-84-9865-142-3
- Unha chea de familias ISBN: 978-84-9865-169-0
- Jan estivo alí ISBN: 978-84-9865-248-2
- O armiño dorme ISBN: 978-84-8288-612-1


Recomendacho ...
- An Alfaya
- 'O armiño dorme' triunfa no Brasil

Eventos relacionados:
03/07/2007 20:00
Charla de Xosé A. Neira Cruz
Na librería Trama de Lugo, ás 20.00 horas.

26/07/2007 20:00
Charla de Xosé A. Neira Cruz
Na librería Nós de A Coruña, o xoves 26 de xullo ás 20.00 horas.

30/06/2008 19:00
Presentación de Xosé A. Neira Cruz
Na Feira do Libro de Vigo, o luns 30 de xuño, ás 19.00 horas.

07/12/2008 12:30
Presentación dos últimos títulos da colección ÁRBORE OS DUROS
No CULTURGAL. Palexco, A Coruña. Domingo 7 de decembro, ás 12.30 horas.

28/02/2009 12:00
Presentación dos MUSICONTOS na Fnac
Sábado 28 de febreiro, ás 12.00 h, na Fnac da Coruña

[04/03/2009 - 05/03/2009]
"O armiño dorme" no Club de Lectura Gálix
Na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, os días 4 e 5 marzo, de 17 a 19 horas.

24/02/2010 20:00
Presentación de JAN ESTIVO ALÍ en Ferrol
Mércores 24 de febreiro, ás 20.00 h, na Galería Sargadelos. Rúa Rubalcava, 30-32. Ferrol


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal