
venres 24 de maio 2013 a venres 31 de maio 2013
Presentación en Pontevedra de AS LAMBETADAS DE LARPEIROS de Merchi Rodal
[24/05/2013 19:00]
Ás 19 horas na Feira do Libro
O 24 de maio e dentro dos actos programados na Feira do Libro presentaremos o libro de receitas de Merchi Rodal, AS LAMBETADAS DE LARPEIROS.
No acto, canda a autora, participará Xosé Cermeño, director do programa da TVG, 'Larpeiros'.
Presentación de DE RODA EN RODA. MÚSICAS E DANZAS DO MUNDO en Pontevedra
[24/05/2013 20:00]
Dentro dos actos da Feira do Libro
Participarán os autores do libro-disco-DVD, Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil. Ao remate do acto convidarase a todos os asistentes a danzar algunhas das pezas presentes no libro.
Presentación de 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal en Vigo
[29/05/2013 20:00]
O mércores 29 de maio na Casa do Libro
O mércores 29 de maio, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo, presentaremos o libro de Merchi Rodal, 'As lambetadas de Larpeiros'. No acto participarán, canda a autora, o cociñeiro Benigno Campos, o director do programa 'Larpeiros' da TVG, Xosé Cermeño e o director xeral de Galaxia, Victor F. Freixanes
Autores relacionados
Rodal, Merchi
Libros relacionados
As lambetadas de LARPEIROS
Presentación do segundo tomo da 'Antoloxía da literatura galega' de Jonathan Dunne
[30/05/2013 13:00]
Na Biblioteca de Galicia de Santiago de Compostela
No acto participarán, canda o autor, o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e os directores de Edicións Xerais de Galicia e da Editorial Galaxia, Manuel Bragado e Víctor F. Freixanes.
Autores relacionados
Dunne, Jonathan
Libros relacionados
Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1196-1981
Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1981-2011
|
|