
xoves 29 de outubro 2009
AS RAZÓNS DO GALEGO
[29/10/2009 20:00]
Xoves 29 de outubro, ás 20.00 h, na Biblioteca Ánxel Casal. Avenida Xoán XXIII. Santiago de Compostela
Henrique Monteagudo presenta o libro As razóns do galego. Apelo á cidadanía. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Xosé Hermida, delegado de El País en Galicia.
Autores relacionados
Monteagudo, Henrique
Libros relacionados
As razóns do galego. Apelo á cidadanía
Xornada "Xohana Torres. A dona dos mapas"
[29/10/2009 20:00]
Xoves 29 de outubro, a partir das 10.00 h, no Consello da Cultura Galega
Un encontro para o estudo e a achega de novas lecturas sobre a obra literaria e o perfil cultural de Xohana Torres.
Autores relacionados
Torres, Xohana
A exposición RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS no Grove
[11/10/2009 - 03/11/2009]
Na Casa da Cultura Lueiro Rei. O Grove
Esta exposición sobre a vida e a obra de Ramón Cabanillas, comisariada por Luís Rei e organizada por Galaxia, pódese visitar ata o 3 de novembro no seguinte horario:
- De luns a venres, de 8:30 a 21:30 h.
- Sábados, de 9 a 14:00 h.
Autores relacionados
Rei, Luís
Libros relacionados
Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades
A exposición RAMÓN PIÑEIRO. OLLADAS NO FUTURO en Vigo
[11/09/2009 - 01/11/2009]
Ata o domingo 1 de novembro no Verbum-Casa das Palabras. Vigo
Esta exposición sobre a vida e a obra de Ramón Piñeiro permanecerá aberta ata o domingo 1 de novembro, no seguinte horario:
- De martes a domingo, 10 a 19:00 horas.
Luns pechado.
A exposición EDITAR EN GALEGO BAIXO A CENSURA FRANQUISTA en Lugo
[01/10/2009 - 29/10/2009]
Biblioteca Pública Nodal. Avda. Ramón Ferreiro, s/n. Lugo
Esta exposición, organizada pola Fundación Penzol, permanecerá aberta en Lugo ata o día 29 de outubro no seguinte horario:
- De luns a venres, de 9:00 a 21:00 h.
- Sábados, de 10:00 a 14:00 h.
Exposición MUSICONTOS: O PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL
[16/09/2009 - 31/10/2009]
Do 15 de setembro ao 31 de outubro, na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia.
A mostra consiste na exposición da obra orixinal de Rodrigo Chao para o libro de Xosé A. Neira Cruz que editou Galaxia dentro da colección Musicontos, con música interpretada pola Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave a partir da música de La Cenerentola de Gioachino Rossini e a narración da actriz de dobraxe Teresa Santamaría.
Horario de visitas:
Luns a venres, de 16:30 a 20:30 horas
Sábados, de 11 a 14 horas
Visitas escolares:
Martes e Xoves polas mañás
Libros relacionados
O prodixio dos zapatos de cristal
|
|