Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LITERATURA « Literaria

Morgana en Esmelle
Caamaño, Begoña



Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea

PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012

PREMIO AO MELLOR LIBRO DE FICCIÓN PARA A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES 2012

PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2012

PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012

Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.

Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.

Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?




Editorial: Galaxia
Colección: Literaria
220 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 16.00 €
ISBN: 978-84-9865-412-7
Data publicación: maio 2013
1ª Edición
3ª impresión


 

Outros libros de Literaria
- Seguinte:

Outros libros de Caamaño, Begoña
- Anterior:



Novas relacionadas:
- [07/08/2012]
- [05/03/2013]
- [02/04/2013]
- [02/04/2013]
- [19/04/2013]
- [29/04/2013]

Eventos relacionados:
28/04/2012 20:00
Begoña Caamaño presenta MORGANA EN ESMELLE
Sábado 28 de abril, ás 20:00 h, na Feira do Libro. Paseo Central da Alameda. Santiago de Compostela

01/06/2012 20:15
Presentación de MORGANA EN ESMELLE en Compostela
Venres 1 de xuño, ás 20:15 h, na librería Lila de Lilith. Rúa Travesa, 7. Santiago de Compostela

03/07/2012 20:00
Presentación de MORGANA EN ESMELLE en Vigo
Martes 3 de xullo, ás 20 h, na Feira do Libro de Vigo


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal