O sabre do francés
Fernández, Miguel Anxo
Dez anos despois da primeira edición, Galaxia volve publicar O sabre do francés nunha nova edición corrixida e ampliada polo seu autor, Miguel Anxo Fernández. Inclúese un relato inédito, 'A negativa do dragón Émeri Vendermot', e incorpórase 'O sangue dos Cortiña', anteriormente publicado en volume exento.
Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da narrativa histórica, de aventuras e fantástica. Cunha imaxe de cuberta realizada especialmente para esta edición polo pintor Saúl Otero.
Nestes relatos con forza e con ritmo, as imaxes encadéanse en secuencias case cinematográficas, ao tempo que narran, en intensas peripecias, a dramática loita dos galegos contra as tropas napoleónicas na Afrancesada de 1809. Trátase, segundo a crítica, dunha achega orixinal e afortunada a un período da historia de Galicia pouco explorado pola narrativa.
En O sabre do francés, o creador da serie do detective Frank Soutelo achégase ao relato histórico combinándoo por veces coa narración de aventuras e fantástica. Moitas das historias aquí reunidas xurdiron a partir de feitos reais recollidos por cronistas e historiadores, e mesmo conservados na tradición oral, sobre todo nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, aínda que a presenza dos invasores franceses por toda Galicia, entre xaneiro e xuño de 1809, espalla a acción dos relatos ao longo de todo o país.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Literaria
|
 |
| 228 páx. |
 |
| Rústica con lapelas |
 |
|
PVP:
16.00 €
|
 |
| ISBN: 978-84-9865-423-3 |
 |
| Data publicación: abril 2012 |
 |
| 2ª Edición reedición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Literaria
- Seguinte: A muller de ferro
Outros libros de Fernández, Miguel Anxo
- Anterior: Lume de cobiza
Eventos relacionados:
25/05/2012 20:30 Presentación de O SABRE DO FRANCÉS Venres 25 de maio, ás 20:30 h, na Fundación Vicente Risco. Allariz
31/05/2012 20:30 O SABRE DO FRANCÉS no Carballiño Xoves 31 de maio, ás 20:30 h, no Casino do Carballiño
13/06/2012 20:30 Presentación de O SABRE DO FRANCÉS en Cambados Mércores 13 de xuño, ás 20:30 h, no Pazo de Torrado
02/08/2012 20:00 Sinatura de Miguel Anxo Fernández en Vigo Xoves 2 de agosto, ás 20:00h, na librería de El Corte Inglés
 |
 |