Un libro que Editorial Galaxia publicou por primeira vez en 1984 cos cinco traballos que Ramón Piñeiro escribiu sobre este tema.
Trátase dunha compilación que ofrece unha achega completa ao tema da saudade na análise dun dos maiores pensadores galegos do século XX. Comprende cinco ensaios: "A filosofía e o home", "Significado metafísico da saudade", "Para unha filosofía da saudade", "Saudade e sociedade, dimensión do home" e "A saudade en Rosalía".