Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « LIBROS SINGULARES E FORA DE COLECCIÓN « Libros singulares e fóra de colección

A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
Campos, Benigno



Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, "Larpeiros".

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso.

O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras.

Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal.

O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.




Editorial: Galaxia
Colección: Libros singulares e fóra de colección
180 páx.
Capa dura
PVP: 20.00 €
ISBN: 978-84-9865-202-4
Data publicación: marzo 2013
12ª Edición reimpresión
1ª edición, xullo 2009
Prólogo de Xosé Cermeño
Epílogo de Tomás Alonso


 

Outros libros de Libros singulares e fóra de colección
- Seguinte:

Outros libros de Campos, Benigno
- Seguinte:



Novas relacionadas:
- [19/04/2013]

Eventos relacionados:
14/07/2009 20:00
Presentación do libro "A cociña de larpeiros", de Benigno Campos
Martes 14 de xullo, ás 20.30 h, na Feira do Libro de Vigo

25/07/2009 16:30
Presentación do libro "A cociña de Larpeiros" no Festigal 2009
Sábado 25 de xullo, ás 16.30 h, no Festigal. Campus Universitario Sur. Santiago de Compostela

07/07/2009 12:00
Presentación aos medios de comunicación do libro A COCIÑA DE LARPEIROS
Martes 7 de xullo, ás 12.00 h, no salón principal do Real Club Naútico de Vigo

23/07/2009 19:30
Benigno Campos na Casa do Libro de Vigo
Xoves 23 de xullo, a partir das 19.30 horas.

24/07/2009 20:30
A COCIÑA DE LARPEIROS na Feira do Libro de Cangas
Venres 24 de xullo, ás 20.30 horas.

29/07/2009 19:00
Sinatura de Benigno Campos en Ferrol
Mércores 29 de xullo, a partir das 19.00 horas, na Central Librera. Rúa Dolores, 2. Ferrol

03/08/2009 21:30
Presentación de A COCIÑA DE LARPEIROS en Moaña
Luns 3 de agosto, ás 21.30 h, no Restaurante Bajamar. Meira (Moaña).

04/08/2009 20:00
Presentación de A COCIÑA DE LARPEIROS na Feira do Libro da Coruña
Martes 4 de agosto, ás 20.00 horas.

11/08/2009 19:00
Sinatura de Benigno Campos no Alcampo 1 de Vigo
Martes 11 de agosto, a partir das 19.00 horas.

30/08/2009 12:00
Presentación de A COCIÑA DE LARPEIROS en Carballo
Domingo 30 de agosto, ás 12.00 h, na Praza dos Libros. Xardín Municipal, Carballo

20/08/2009 19:00
Benigno Campos, pregoeiro da Feira do Libro de Foz
Xoves 20 de agosto, ás 19.00 h.

16/09/2009 18:30
Sinatura de Benigno Campos en Ourense
Mércores 16 de setembro, a partir das 18.30 h, na librería Tanco. Cardenal Quevedo, 22. Ourense

17/09/2009 19:00
Sinatura de Benigno Campos en Pontevedra
Xoves 17 de setembro, a partir das 19.00 h, na librería Cronopios. Fray Juan de Navarrete, 5. Pontevedra

23/09/2009 19:00
Sinatura de Benigno Campos en Santiago de Compostela
Mércores 23 de setembro, a partir das 19.00 h, na librería Follas Novas.

24/09/2009 19:00
Sinatura de Benigno Campos en Lugo
Xoves 24 de setembro, ás 19.00 h, na librería Souto. Praza de España, 14. Lugo

01/10/2009 19:00
Sinatura de Benigno Campos no Corte Inglés da Coruña
Xoves 1 de outubro, a partir das 19.00 h.

08/10/2009 19:00
Sinatura de Benigno Campos en El Corte Inglés de Vigo
Xoves 8 de outubro, a partir das 19.00 h.

05/10/2009 20:00
A COCIÑA DE LARPEIROS en Chapela
Luns 5 de outubro, ás 20.00 h, no Círculo Cultural Recreativo de Chapela

23/10/2009 19:00
Benigno Campos en Betanzos
Venres 23 de outubro, a partir das 19.00 h, na Librería Donín. Betanzos

13/11/2009 11:00
Benigno Campos no Mercado do Calvario
Venres 13 de novembro, a partir da 11.00 h, no Mercado do Calvario. Rúa Urzáiz, s/n. Vigo

05/11/2009 10:30
Benigno Campos no Mercado de Bueu
Xoves 5 de novembro, a partir das 10.30 h, no Mercado de Bueu

21/11/2009 10:30
Benigno Campos na Praza de Abastos de Moaña
Sábado 21 de novembro, a partir das 10.30 h.

27/11/2009 10:30
Benigno Campos na Praza de Abastos de Cangas
Venres 27 de novembro, a partir das 10.30 h.

12/12/2009 11:00
Benigno Campos no Mercado do Progreso de Vigo
Sábado 12 de decembro, a partir das 11.00 h, no Mercado do Progreso. Vigo

04/12/2009 19:00
Benigno Campos en El Corte Inglés, A Coruña
Venres 4 de decembro, a partir das 19.00 h.

11/12/2009 19:00
Benigno Campos en El Corte Inglés de Vigo
Venres 11 de decembro, a partir das 19.00 h.

17/12/2009 19:00
Benigno Campos na Casa do Libro de Vigo
Xoves 17 de decembro, a partir das 19.00 h.

03/06/2010 20:00
A COCIÑA DE LARPEIROS en Ourense
Xoves 3 de xuño, ás 20.00 h, na Feira do Libro de Ourense

28/05/2010 20:30
A COCIÑA DE LARPEIROS en Redondela
Venres 28 de maio, ás 20.30 h, no Centro Recreativo Cultural de Redondela

22/05/2010 19:00
A COCIÑA DE LARPEIROS en Ponteceso
Sábado 22 de maio, ás 19.00 h, na Asociación Cultural Monte Branco de Ponteceso

08/07/2010 19:00
Sinatura de Benigno Campos
Xoves 8 de xullo, ás 19.00 h, na Feira do Libro de Vigo

06/08/2010 20:30
Presentación de A COCIÑA DE LARPEIROS en Sanxenxo
Venres 6 de agosto, ás 20:30 h, na Sede Náutica Caixa Galicia, Sanxenxo

03/08/2010 19:30
Sinatura de Benigno Campos
Martes 3 de agosto, a partir das 19:30 h, na Feira da Coruña

25/11/2011 20:00
Conversa entre Larpeiros
Venres 25 de novembro, ás 20:00 h, na librería Maraxe. Cangas

01/02/2012 19:30
Conversa entre Larpeiros
Mércores 1 de febreiro, ás 19:30 h, na librería Nós. Praza do Libro, 1. A Coruña

16/04/2012 20:00
Conversa entre Larpeiros
Luns 16 de abril, ás 20:00 h, na Escola Oficial de Idiomas de Vigo

22/04/2012 19:00
Conversa entre Larpeiros
Domingo 22 de abril, ás 19 h, na Feira do Libro de Lalín


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal