O lecer das augas. Historia dos balnearios en Galicia. 1700-1936
Alonso Álvarez, Luís
Lindoso Tato, Elvira
Vilar Rodríguez, Margarita
"A peripecia histórica dos balnearios galegos, reconstruída e contada con precisión erudita
e elegancia literaria"
Nestas breves palabras, tiradas do limiar de Ramón Villares, sintetízase con claridade o obxectivo de O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia. 1700-1936, minucioso e rigoroso traballo de investigación histórica, patrocinado pola Asociación de Balnearios de Galicia e mais pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, sobre as orixes e a evolución histórica dun sector con longa tradición na nosa comunidade, e que axudará a repensar o futuro duns servizos que supoñen unha riqueza de extraordinaria importancia para a nosa terra.
É no o século XVIII cando se recupera a práctica dos baños termais, coa redescuberta das caldae romanas, combinada coa difusión das novas ideas sobre a saúde corporal que introducen as correntes ilustradas e europeizantes. Partindo dese tempo, Luís Alonso, Elvira Lindoso e Margarita Vilar estudan os principais establecementos balnearios (A Toxa, Arteixo, Cuntis, Dávila e Acuña, Caldelas de Tui, O Carballiño e Partovia, Carballo, Cortegada, Guitiriz, as Termas de Lugo, Baños de Molgas, Mondariz, O Incio e Verín), ata chegar aos anos de esplendor anterior á Guerra Civil.
Un libro fundamental para coñecer e entender mellor o conxunto da Historia de Galicia.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Reportaxe
|
 |
| 520 páx. |
 |
| Capa dura |
 |
|
PVP:
39.00 €
|
 |
| ISBN: 978-84-9865-350-2 |
 |
| Data publicación: febreiro 2011 |
 |
| 1ª Edición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Reportaxe
- Anterior: Ángel Llanos, fotógrafo
- Seguinte: Berrogüetto. O pulso da terra
Eventos relacionados:
04/03/2011 20:00 Presentación do libro O LECER DAS AUGAS Venres 4 de marzo, ás 20:00 h, na sala de exposicións do Centro Cultural da Deputación de Ourense. Rúa do Progreso, 30
[02/03/2011 - 27/03/2011] A exposición O LECER DAS AUGAS en Ourense Do 2 ao 27 de marzo, na sala de exposicións do Centro Cultural da Deputación de Ourense. Rúa do Progreso, 30
17/06/2011 20:30 Presentación de O LECER DAS AUGAS no Barco de Valdeorras Venres 17 de xuño, ás 20:30 h, no edificio multiusos do Concello de O Barco de Valdeorras
13/05/2011 21:10 Presentación de O LECER DAS AUGAS en Porto Venres 13 de maio, ás 15:10 h, no edificio da Alfândega. Porto
03/08/2011 20:30 Inauguración en Tui da exposición O LECER DAS AUGAS Mércores 3 de agosto, ás 20:30 h, na Sala de Exposicións Municipal (Edificio Área Panorámica). Tui
[04/08/2011 - 18/09/2011] A exposición O LECER DAS AUGAS en Tui Do 4 de agosto ao 18 de setembro, na Sala de Exposicións Municipal (Edificio Área Panorámica). Tui
24/09/2011 18:00 Presentación do libro O LECER DAS AUGAS Sábado 24 de setembro, ás 18:00 h, na Feira Termatalia. Ourense
05/10/2011 12:00 Inauguración nas Pontes de O LECER DAS AUGAS Mércores 5 de outubro, ás 12:00 h, na Sala de Exposicións Mercado Vello. As Pontes de García Rodríguez
[06/10/2011 - 23/10/2011] O LECER DAS AUGAS en As Pontes de García Rodríguez Do 5 ao 23 de outubro, na Sala de Exposicións Mercado Vello
 |
 |