Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

« Galaxia de libros « INFANTIL « Álbumes

Unha chea de familias
Neira Cruz, Xosé Antonio



Un autor consolidado no panorama da literatura infantil galega e un novo ilustrador de calidade incuestionable xunguen esforzos a prol desta obra que vai dar que pensar.

Mariña pregúntase cantos tipos distintos de familias pode haber. De feito, a familia de Mariña é diferente. Na familia de Mariña non hai mamá. Seu pai vaina acompañar nunha curiosa excursión polo edificio no que viven na procura de tipos de familias. A conclusión á que van chegar é que efectivamente hai unha chea de familias.

En tempos de redefinición da estrutura familiar, coa aparición de novas formas de convivencia, novas formas de parella, novas maneira de ser pai ou nai, os lectores e as lectoras máis novas tamén necesitan entender que as fronteiras da familia son amplas e están abertas. Velaquí unha das funcións que vén a cumprir este álbum ilustrado no que unha historia atraente e actual se combina cunha estética desde o punto de vista do tratamento da imaxe que chama poderosamente a atención.




Editorial: Galaxia
Colección: Álbumes
44 páx.
Capa dura
PVP: 18.00 €
ISBN: 978-84-9865-169-0
Data publicación: marzo 2009
2ª Edición
1ª edición, 2008
Ilustracións de Rodrigo Chao


 

Outros libros de Álbumes

Outros libros de Neira Cruz, Xosé Antonio
- Anterior:
- Seguinte:


Recomendacho ...
-

Eventos relacionados:
30/06/2008 19:00
Presentación de Xosé A. Neira Cruz
Na Feira do Libro de Vigo, o luns 30 de xuño, ás 19.00 horas.


EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal