Murguía
Barreiro Fernández, Xosé Ramón
A biografía de Manuel Murguía
Esta obra recibiu una axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Con esta biografía de Manuel Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega, o historiador Barreiro Fernández, que tamén presidiu esa institución, pon nas mans dos lectores unha obra magna, case mil páxinas para recoller e transmitir o tempo vital de quen foi unha das figuras esenciais do galeguismo.
Manuel Murguía (1833-1923) foi o máis destacado representante do nacionalismo galego no século XIX. A súa obra como historiador e escritor está dedicada enteiramente á idea de Galicia como nación; é autor de títulos fundamentais coma Los precursores e Historia de Galicia, nos que se asentan as bases da cultura galega contemporánea. Coa súa obra, a historia de Galicia configúrase como historia nacional. Vencellado á publicación da obra de Rosalía de Castro, con quen estivo casado, foi o primeiro presidente da Real Academia Galega.
O historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, un dos grandes especialistas na historia contemporánea de Galicia, traza nesta biografía un retrato fidedigno do personaxe e, con pulso narrativo e rigor documental, relata as circunstancias nas que a obra e as ideas políticas de Murguía viron a luz.
|
 |

| Editorial: Galaxia |
 |
Colección: Grandes biografías
|
 |
| 988 páx. |
 |
| Capa dura |
 |
|
PVP:
40.00 €
|
 |
| ISBN: 978-84-9865-425-7 |
 |
| Data publicación: maio 2012 |
 |
| 1ª Edición |
 |
|
|
 |
Outros libros de Grandes biografías
Novas relacionadas:
- A gran obra sobre Murguía [07/08/2012]
- Presentación da biografía de MURGUÍA na Coruña [07/08/2012]
- Galaxia inicia as «Grandes biografías» con MURGUÍA de Xosé Ramón Barreiro [07/08/2012]
- Actos de Galaxia hoxe na Feira da Coruña [05/11/2012]
Eventos relacionados:
21/06/2012 19:30 Presentación da biografía de MURGUÍA Xoves 21 de xuño, ás 19:30 h, na Real Academia Galega. Rúa Tabernas, 11. A Coruña
07/08/2012 19:30 Sinatura de Xosé Ramón Barreiro Martes 7 de agosto, ás 19:30 h, na Feira do Libro da Coruña
08/10/2012 20:00 Conferencia sobre MURGUÍA Luns 8 de outubro, ás 20:00 h, no Centro Cultural Novacaixagalicia. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela
 |
 |