Benvidos á sección de Galaxia na Rede con recursos pensados para todas e todos os implicados no mundo da educación.
Aquí poderás baixar en formato PDF fichas para traballar na aula algúns dos libros do catálogo da nosa editorial. Atoparás actividades relacionadas cos mesmos, información sobre autores, ilustradores, ...
20 de abril de 2012
Que todos os días sexan o día do libro. Ese sería o desexo. Iso sería o lóxico. Nun tempo no que as autoridades educativas semellan moi obsesionadas coas TIC (sen dúbida, fundamentais neste intre no proceso de aprendizaxe desta nova xeración de nativos diixitais) convén dedicarlle, cando menos unha xornada, a ese vello invento que, a partir do pergameo, e despois do papel, popularizado felizmente pola imprenta, que chamamos libro.
Para que todos os días os teñamos presente.
Como o mellor lugar, sen dúbida, para aprender e soñar.
