Benvidos á sección de Galaxia na Rede con recursos pensados para todas e todos os implicados no mundo da educación.

Aquí poderás baixar en formato PDF fichas para traballar na aula algúns dos libros do catálogo da nosa editorial. Atoparás actividades relacionadas cos mesmos, información sobre autores, ilustradores, ...

Benvidos ao blog de Ensinantes da Editorial Galaxia


Un espazo de comunicación co mundo do ensino en Galicia

Dende o seu nacemento no ano 1950, a Editorial Galaxia sempre soubo que para facer país, é necesaria a presenza dunha escola moderna e galega. Sesenta anos despois, xa mergullados no século XXI e neste universo globalizado, presentamos este blog que quere ser unha nova ferramenta de cara a seguir profundando nesa idea de contacto estreito co muno do ensino. Un espazo virtual para dialogar cos mestres e as mestras, cos profesores e coas profesoras, con toda a xente que dende as aulas traballa no ensino de Galicia co convencemento de que os cambios profundos fanse todos os días, tamén, dende os encerados, de xiz ou dixitais.
Neste electrónico espazo vas atopar, ademais de novas onde iremos vertendo a diario a actualidade da nosa actividade relacionada co ensino (novas fichas de lectura, publicación de textos para os lectores mozos e mozas…), atoparás suxestións de traballo relacionadas cos nosos libros, experiencias pedagóxicas, das moitas e de moita calidade que se fan no noso país
En definitiva, neste blog de Ensinantes tentaremos abrir unha fiestra pola que pase o aire nas dúas direcións. Dende a editorial e os seus libros e dende as clases ata nós. Para entendernos e atendernos mutuamente.Benvid@s.

Listado de enlaces


Buscar en fichas de lectura

Buscar en artigos do blog

Categorías

Valores

Ligazóns


logo

Avenida de Madrid, 44

36204 - Vigo(España)

Tel: 986 432 100

mail: galaxia@editorialgalaxia.es