Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

Cunqueiro (1961-1981)


Álvaro Cunqueiro instálase na cidade olívica no ano 1961, cun emprego estable no Faro de Vigo, o que lle proporciona a seguridade económica que precisa. Inicia así unha xeira xornalística que durará nove anos, ata 1970, seis deles como director do xornal. É unha época feliz, de variada e rica produción xornalística, de presenza na cidade e de brillo social. Saúda esta etapa coa publicación da terceira trabe do edificio novelístico galego: Si o vello Sinbad volvese ás illas, e remátaa coa saída do prelo da súa obra xornalística.

O 23 de abril de 1961 é nomeado para ocupar a cadeira de Ramón Cabanillas na Academia Galega, que o recibe como numerario tres anos máis tarde, o 21 de abril de 1964, nunha sesión solemne celebrada en Mondoñedo. Cunqueiro leva para os académicos unha pequena xoia, os Tesouros novos e vellos. Contéstalle ó discurso o seu amigo Francisco Fernández del Riego.

A presenza do mar tira do escritor cara aos horizontes soñados e descritos nas súas novelas. Sempre na compaña de amigos visita A Bretaña, Inglaterra, Dinamarca, Portugal, detense en París e Estocolmo, e revisita Barcelona, cidade de tan boa lembranza. En 1980 a Universidade de Santiago recíbeo como doutor honoris causa, apadriñado por outro vello amigo da mocidade: Ricardo Carballo Calero. Ao ano seguinte, unha doenza crónica mina irreversiblemente a saúde de Álvaro Cunqueiro, que falece en Vigo o 28 de febreiro de 1981.

Os camiños son semellantes a sucos, i eisí coma as leiras dan pan, os camiños dan as xentes, as pousadas, as falas, os países. Séntase ún a colleitar beira do camiño, ou viaxa por il.
Álvaro Cunqueiro. Merlín e familia.
A exposición
Galería da Terra de Miranda
Cunqueiro (1911-1926)
Cunqueiro (1927-1935)
Cunqueiro (1936-1946)
Cunqueiro (1947-1960)
Cunqueiro (1961-1981)
Cunqueiro, referencias biobibliográficas
Cunqueiro e Merlín e familia
Merlín na cultura europea
O manuscrito Soberanas: Suite du Merlín, Ms 2434
Merlín na cultura galega
Créditos da exposición

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal