Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

O galego. Lingua propia de Galicia


Grandes grupos de linguas románicas
 
A lingua galega forma parte das chamadas "linguas romances", nacidas da evolución do latín. Roma recoñece por primeira vez o territorio de Galicia, de extensión maior cá da actual, co nome de Gallaecia. O galego, xunto co portugués e o brasileiro, constitúe unha familia específica que os lingüistas denominan "románico occidental" e que se proxectou historicamente, con pequenas variantes, cara ao continente africano (Angola, Cabo Verde, Mozambique) e algunhas localidades do continente asiático (Goa, Macao). No seu conxunto, esta grande área lingüística atinxe un número aproximado de 150 millóns de falantes.

Na actualidade, a inmensa maioría da poboación de Galicia (2.712.445 habitantes) entende e fala galego (entre o 80 e 90 por cento do devandito censo). A lingua galega é a primeira lingua de moitas familias, principalmente no rural e nas periferias das cidades, aínda que os hábitos de lectura e as destrezas para a escritura son xa moi inferiores (arredor do 47 e 33 por cento respectivamente). Cómpre advertir, para entender esta situación, que ata o ano 1979 (Lei de bilingüismo) o idioma galego non se incorpora dun xeito regulamentado ao sistema educativo (Estatuto de Autonomía de 1981). As primeiras promocións de nenos e nenas de Galicia que reciben ensino obrigatorio neste idioma, saen das aulas contra o final da década dos anos 80 do século pasado.

En 1983, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a Lei de normalización lingüística, redactada para activar a recuperación do idioma. Entre outras iniciativas deu lugar á creación en 1984 da Compañía de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG), medios de comunicación de titularidade pública comprometidos estatutariamente coa difusión e uso do galego
Galicia
O galego. Lingua propia de Galicia
O galego-portugués
As institucións da lingua galega
 
Os séculos medievais
Os Séculos Escuros
O Rexurdimento
Das Irmandades da Fala á Xeración Nós
A Guerra Civil e o exilio
A recuperación da lingua literaria
As xeracións da democracia

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal