As institucións da lingua galega
Instalacións da Real Academia En 1906 constitúese na Coruña a Real Academia Galega, presidida por Manuel Murguía, inspirador intelectual do Rexurdimento e esposo de Rosalía de Castro (1837-1885), considerada figura fundacional do novo espírito de recuperación literaria do idioma.
En 1971 creouse na Universidade de Santiago de Compostela o Instituto da Lingua Galega, institución de carácter científico que desenvolve dende entón o corpo de estudos máis abundantes e valiosos arredor do idioma, enmarcado na gran familia lingüística da filoloxía románica.
A primeira cátedra universitaria de lingua galega instituíuse nesta mesma universidade no ano 1972. O sistema universitario galego, configurado en tres universidades (Vigo, A Coruña e Santiago), dispón na actualidade de estudos regrados nesta materia, con licenciaturas específicas.
No ano 1982 a Xunta de Galicia establece con carácter oficial, mediante decreto, as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, asinadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega. Á Real Academia Galega correspóndelle a determinación da ortografía do idioma galego.
|
 |
 |
 |
|
 |