Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

A Guerra Civil e o exilio


Acto de constitución do Consello de Galicia no Ateneo de Montevideo, acompañado de Antón Alonso Ríos e Elpidio Villaverde. Ente os asistentes está o delegado do Goberno Vasco, Ramón Aldasoro, e o deputado catalán doutor Serra Moret.
 
Entre 1936 e 1949 apenas se publican en Galicia textos literarios en lingua galega. A produción pasa ao exilio, principalmente a Uruguai e Arxentina, onde Castelao, Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Emilio Pita, Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valezuela, Neira Vilas, etc., escriben e editan algúns dos grandes títulos da literatura galega do século XX.

Os vellos non deben de namorarse (1941), Sempre en Galiza (1944), As cruces de pedra na Galiza (1950), de Castelao; Fardel do eisilado (1952), As cicatrices (1957), de Luís Seoane; A esmorga (1959), de Eduardo Blanco Amor; Non agardei por ninguén (1957), de Ramón de Valenzuela; Memorias dun neno labrego (1961), de Xosé Neira Vilas, son algúns deles. Na Arxentina publican tamén algunhas das súas obras Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Eliseo Alonso... En México, Florencio Delgado Gurriarán, Luís Soto e Carlos Velo promoven diferentes iniciativas.

No exilio interior, ata 1949, non aparece unha liña de publicacións en galego: a colección de poesía Benito Soto (Pontevedra): Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro, Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Manuel María, Luís Pimentel... Entre as comunidades emigrantes, nos centros e nas sociedades galegas que dende o século XIX acollían as riadas emigrantes que saían de Galicia, atopou a literatura galega o acougo necesario para resistir o difícil tempo da ditadura, a longa noite de pedra, que deu título ao libro que Celso Emilio Ferreiro publicou en 1962.
Galicia
O galego. Lingua propia de Galicia
O galego-portugués
As institucións da lingua galega
 
Os séculos medievais
Os Séculos Escuros
O Rexurdimento
Das Irmandades da Fala á Xeración Nós
A Guerra Civil e o exilio
A recuperación da lingua literaria
As xeracións da democracia

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal